Integrantes do sector agrícola pontevedrés visitan Irlanda

La Voz LA VOZ | PONTEVEDRA

DEZA

Coñecer os segredos do chamado «milagre do tigre celta» é o obxectivo da iniciativa A Cámara, os sindicatos e os produtores buscan solucións aplicables a Galicia

22 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

?nce representantes do sector agrario pontevedrés atópanse desde antonte en Irlanda, coñecendo de cerca os segredos do denominado «milagre do tigre celta». Integrantes da Cámara Agraria, do Sindicato Labrego Galego, de Xóvenes Agricultores, de Unións Agrarias e dos ámbitos da agricultura e o vacún visitarán ata finais da semana explotacións e laboratorios da illa en busca de solucións para o negocio en Galicia. «Irlanda é un país moi parecido ao noso, quizá con menos importancia do seu subsector agrícola, pero si moi forte do ganadeiro -explica desde alí Román Santalla, presidente ta Cámara-. Cando entrou na Unión Europea era un país máis ben pobre, e hoxe é o segundo por renda per cápita media». Entre os lugares que a delegación galega quere coñecer están explotacións que aproveitan axudas comunitarias para a rexeneración do medio ambiente, a maior industria láctea de Europa ou un instituto de investigación e desenvolvemento dependente do goberno irlandés. Ademais, reuniranse cos sindicatos do ramo e con expertos en flora e fauna salvaxe. Buscar saídas A intención da visita é, segundo Román Santalla, «reorganizar o sector agrícola e gandeiro» en Galicia e atopar saídas seguido a estela dun país que soubo reestructuralo e aproveitar, ademáis, a puxanza das novas tecnoloxías e os cartos que aportan os emigrantes retornados, fundamentalmente dos Estados Unidos. «Mentres en Galicia parece que estes sectores son un lastre para acadar ese nivel de desenvolvemento que quere calquera país -conta Santalla-, aquí parece todo ao revés. Souberon aproveitar moi ben os fondos cumunitaros para desenvolver aspectos coma o medio ambiente ou o medio rural, e nós cremos que no noso país os fondos da Unión Europea non se están gastando todo o ben que se deberan gastar».