«Este libro non é un eloxio ao governo, é a nosa historia»

Amelia Ferreiroa lalín

DEZA

Entrevista | Daniel González Alén AUTOR DUNHA PUBLICACIÓN SOBRE OS VINTECINCO ANOS DE CORPORACIÓNS DEMOCRÁTICAS EN LALÍN A obra, editada polo Seminario de Estudios de Deza, porase á venda nas librerías da zona

04 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

Foi no pasado verán cando o concelleiro de Cultura de Lalín, Román Rodríguez, lle prantexou a Daniel González Alén a posibilidade de elborar este libro. Axiña a obra 25 anos de corporacións democráticas no Concello de Lalín 1979-2004 estará ao alcance de todos os interesados. -¿Tiña todo o material preciso para dita publicación? -Contaba cunha parte do material no meu arquivo particular pero dínme conta que se precisaban máis documentos e máis fotografías, polo que foi preciso recorrer á outras fontes. Os distintos partidos políticos, nos primeiros anos da democracia, imprimían aquí a súa publicidade electoral polo que a imprenta Alvarellos posuía importantes documentos que cedeu para o libro ao igual co concello e os medios de comunicación locais. Quero deixar claro que aparece moito a figura de Xosé Cuíña e, en menor medida, Xesús Palmou, Manuel Abeledo e Xosé Crespo pero é porque tiveron moita relevancia na vida política galega. Este libro non é un eloxio ao governo, é a nosa historia. -¿Cal foi a fotografía máis difícil de atopar? -Sen dúbida unha de Felipe González que estivo en Lalín unha soa vez, alá polo ano 1977, e foi no antigo Cine Balado pero creo que os documentos fotográficos son bos e todo o que chegaba as miñas máns parecíanme válidos, polo que foi preciso levar a cabo unha selección. -Textos obxectivos... -Tentei de que en todo momento fosen obxectivos e sobre todo de non ferir a ninguén. A miña intención nunca foi outra que contar a verdade e deixar unha testemuña dos últimos vintecinco anos para que outras persoas poidan continuar e plasmar noutro libro os vintecinco anos seguintes de democracia neste noso concello. -¿Onde estará á venda? -Aos socios do seminario se lles mandará o libro e os interesados en adquirilo poderán mercalo nas librerías e no museo dentro de poucos días, segundo creo saber.