En directo | Entrega dos premios San Martiño á promoción do galego No?Casino?da Estrada non houbo onte rodeos, ambigüedades nin diplomacia. O galego non anda ben de saúde. Caamaño?diagnosticou?o?virus e alentou á?mocidade?a vacinarse
20 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.A Estrada convertiuse onte no templo do galeguismo. Entregábanse os premios San Martiño á defensa da lingua. A cerimonia abreuna un bautizo. O do presidente da Fundación Castelao, Avelino Pousa Antelo, coma «o referente de galeguidade». Leva noventa anos de compromiso que ben valen un brinde colectivo en copa de Sargadelos. E uns versos de Fernández Abella: « Carballo nonaxenario / este Avelino exemplar / que eu creo que vai chegar / a carballo centenario ». Ó mestre saíronlle onte catro discípulos elixidos pola fundación San Martiño. Dous levan sangue estradense. Un é o Sporting Estrada, que anda en moitas loitas. Na da educación integral dos nenos, na da igualdade de sexos no deporte e na da loita contra o racismo e a xenofobia. Pero tamén na do galego. O escritor Olimpio Arca sintetizouno por vía epistolar: «leva anos marcando goles no campo do galeguismo». O segundo é a editorial Fervenza, por ser fonte de galeguismo e por entender que a lingua, como dixo o seu director, Xosé Luna, «é unha cuestión de sentimento». O premio á defensa do idioma en Galicia foi para a empresa San Luis, unha firma compostelana que hai vinte anos que entendeu que o galego serve para abrir portas comerciais polas que outros se resisten a entrar. Para o final quedou o galardón a Manuel Caamaño, un arquitecto que onte tivo a valentía de dicir o que algúns só pensan e o que outros nin recoñecen. Caamaño abusou do tempo, pero falou claro e sen complacencias. Dixo que «o galego non anda ben agás no mundo intelectual» e citou exemplos concretos. Os que falan castelán ó que se apagan as cámaras ou ó sair ós corredores do Parlamento e os alcaldes con galegofobia foron algúns deles. Deixou un oco á esperanza, pero lembrou que o futuro é a xente nova e a mocidade é, precisamente, «o punto máis feble».