Inmerecido correctivo a un Val do Ulla que cae ao pozo da táboa

La Voz

DEZA

? Val do Ulla buscou o domingo unha sorpresa á postre imposible no campo do teoricamente terceiro mellor equipo da Liga. O León endosoulle un 6-0 ao equipo estradense. Unha derrota que o técnico visitante, José Ramón Fachal, aceptou como lóxica visto o potencial do adversario, pero que considera esaxerada tendo en conta os méritos feitos polas súas rapazas para alomenos regresar cun par de tantos ao seu favor. O saque rápido de dúas faltas propiciou en dous minutos, do 20 ao 22, o 2-0. Dez minutos antes, Ana colocárase soa diante da porteira leonesa, pero esta conseguíu despexar o esférico. E entre o 1-0 e o 2-0, a mesma Ana recibíu un empurrón na área rival que o Val do Ulla entendeu como un penalti non sinalado. Ao descanso chegaríase cun 3-0. Unha nova páxara entre os minutos 60 e 65 elevaba o 5-0 ao marcador. As estradenses non se rendiron e crearon catro boas accións de gol, pero sen sorte antes do 6-0 final. O Val do Ulla é agora faroliño vermello do Grupo 2 da 1ª Nacional, con 5 puntos.