Patrocinio xacobeo

DEZA

O CRISOL | O |

01 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

CANDO SE TRATA de encher aldeas, vilas e cidades de música e troula, atreveríame a dicir que non nos gaña ninguén, ou cando menos, este ano. Ata o último recuncho de Galicia se encheu durante estes meses de actuacións e actividades amparadas baixo o logotipo do Xacobeo. Lalín, A Estrada, Vila de Cruces, Rodeiro..., Deza e Tabeirós tamén sucumbiron ante o desplegue de programación musical e espectacular «patrocinada» por Santiago Apostol. Cada vez que o penso, estou máis convencida do estupendo que é isto da programación do Xacobeo. A razón é simple: ós artistas, moitos deles galegos, o invento este do Ano Santo dálles para comer, e a nós, cidadáns de a pe, danos para bailar, entreternos, e mesmo sair nas galas da televisión. En fin, todos contentos. Como non só de música vive o home, e para que nos poñamos finos en cuestións culturais, o Xacobeo tamén nos trouxo exposicións de todo tipo. Dende arte contemporánea ata exposicións sobre peregrinación. Todo un compendio de estilos. O vindeiro que pisará terras de Deza será Xoel López, Deluxe, e trala súa actuación aínda nos quedarán visitas teatrais e monicreques. Dende logo, estamos como queremos.