Reportaxe | O corcho dezao viaxa ata Portugal Dende hai varios anos corcheiros portugueses viaxan a aldeas de Agolada á procura da codia das sobreiras que se crían nos montes de Brántega e Carmoega
10 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.Como todos os anos, coa chegada do bo tempo, as expedicións portuguesas chegan á comarca de Deza en busca de corcho. Durante todo o verán Olimpio Fernándes e os seus homes traballarán extraendo das sobreiras de Brántega e Carmoega todo o corcho que poidan. O proceso de extracción do corcho faise de xeito tradicional. Os homes, armados con machetas, fan incisións na cuberta das árbores para logo extraer as tiras. Segundo Fernándes, «cada árbore xa indica como hai que cortala». Ignorando a altura, un dos homes da cuadrilla sobe polas árbores para arrincar as cortezas das polas máis altas. Namentras un compañeiro extrae o corcho da parte inferior da sobreira. Cada tira de corcho que arrancan das sobreiras ten arredor de 60 centímetros de longo por 30 de ancho. O grosor das pezas varía según a raza da sobreira e as condicións metereolóxicas nas que se criara. A calidade da peza extraida é o que determina, según Fernándes,o seu resultado ao cocela, pero xeralmente as pezas máis grosas menguan namentras os anacos máis estreitos aumentan o seu volume. A fonda tradición corcheira que hai en Portugal, maior productor de corcho do mundo, xunto coa experiencia dos corcheiros é o que lles permite arrincar grandes tiras de madeira. Verán tras verán repítense as extraccións, pero en árbores distintas debido a que cada sobreira precisa de alomenos nove anos para rexerar o preciado material.