A firma Galisec respaldará un proxecto na División de Prata, no que xa está traballando

La Voz LA VOZ | A ESTRADA

DEZA

? presidente do grupo empresarial GA Ibérica (Galisec) e do Galisec A Estrada Fútbol Sala, Luis Gañete Núñez, anunciou onte que a súa firma empresarial patrocinará a vindeira tempada o equipo local se este ascende á División de Prata. Un anuncio que inclúe o compromiso de aboar os avais e depósitos bancarios reclamados pola Liga Nacional a todos aqueles aspirantes ao salto á segunda categoría estatal, e que rondan a frioleira dos 90.000 euros. Desde a directiva do Galisec manifestouse onte que o seu patrocinador «continuará respaldando y dirigiendo el equipo con la única premisa de agradecer enormemente a toda la gente que apoyó al equipo pese a las dificultades pasadas, y que hicieron que el fútbol sala de A Estrada fuese un espectáculo inigualable esta temporada». Nembargante, en caso de non acadar o ascenso, o apoio de GA Ibérica pasaría a ser toda unha incógnita, xa que o presidente do grupo non pensa noutra cousa que na Prata. Proba diso é que os dous homes que xunto a el completan a actual directiva do club, José Cao (vicepresidente) e Manuel Brandariz (secretario e tesoreiro), están xa a planificar a vindeira tempada en tódolos frentes, desde a xestión da entidade ata a peña, pasando polo corpo técnico e o plantel, sempre coa premisa de que o Galisec non vai xogar xa en Primeira Nacional A. Profesionalizar o equipo Neste senso, estase a falar xa con xente de categorías superiores á que se lle está a ofrecer participar no vindeiro proxecto do equipo estradense. Incluíndo varios xogadores, que xa están sendo tentados a vir. Pensando nas necesidades derivadas dunha categoría completamente profesional como a División de Prata, os actuais xestores do Galisec buscan tamén un xerente que leve o club a pé de obra. A esperanza de Gañete, Cao e Brandariz é conseguir o ansiado ascenso esta fin de semana, gañando o derradeiro partido de Liga e vendo o preciso pinchazo do Galpárket ante o Mera. En caso de no ser así, verase se finalmente ascende un ou dous equipos no seu grupo e, no peor dos casos, se algún club está disposto a renunciar, algo nada raro vistas as trabas económicas impostas pola Liga. Os directivos do Galisec F.S. quixeron onte tamén «agradecer enormemente el respaldo social alcanzado por el equipo esta temporada, y la ilusión transmitida por toda la gente que acudió a los últimos partidos del equipo».