«Programamos unha viaxe a Ortigueira, Estaca de Bares e Viveiro»

La Voz

DEZA

22 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

Co gallo de despedir este curso académico, a Asociación de Pais de Alumnos do IES Ramón Aller de Lalín tamén organiza unha excursión. «Programamos unha viaxe a Ortigueira, Estaca de Bares e Viveiro á que poden acudir pais, nais e rapaces. Está fixada para o vindeiro 6 de xuño, con saída do IES ás nove e media da mañán. Só a poderemos facer se hai un mínimo de corenta persoas anotadas, polo que animamos a todos os interesados a acudir. Os que desexen asistir teñen que confirmar a súa asistencia antes do 1 de xuño, poñéndose en contacto coa xunta directiva», explicou Marta Lázara. O prezo de dito viaxe será de 5 euros para os asociados e de 10 euros para as persoas que non pertenzan á Apa e o pago deberá de realizarse nas contas que posúe a asociación nas entidades locais do BBVA ou Caixa Galicia, deixando constancia de cantos van. A comida non está incluída nese prezo.