?oras antes de partir cara Santander, o equipo cadete masculino acudíu á recepción oficial que o Concello lle tributou a raíz do seu título. Recepción encabezada polo alcalde, Xosé Crespo, acompañado polo seu concelleiro de Deportes, Ramiro Ruibal. O edil anunciou o apoio municipal ao equipo de Manolo Pedreira en forma de material deportivo, que os rapaces estrearán na fase sector nacional. Ruibal bromeou cos xogadores roxinegros aconsellándolles que non rompan nada no hotel nin no pavillón de Santander, en referencia aos pequenos desperfectos causados hai meses por algúns deles nas instalacións municipais de Lalín. Iso si, desexoulles a mellor das sortes. Máis enfático aínda foi o alcalde, quen dixo confiar en que o Portadeza chegue á fase final, en Andalucía, a onde se comprometeu a viaxar para animar ao equipo. Crespo alabou a canteira do C.B. Lalín, «a mellor de Galicia», e entregoulles as medallas do Concello a cada un dos integrantes do equipo, arroupado por parte da directiva do club.