26 abr 2004 . Actualizado a las 07:00 h.
? Escola Lalín, terceiro equipo do Club Tenis de Mesa Lalín, vénse de proclamar subcampión da fase de ascenso da Liga Provincial, caendo na final co Monteporreiro por un demoledor 4-1. Aínda que só había unha praza de ascenso en xogo, a inexistencia dunha Liga Ourensana convirte virtualmente ao Escola Lalín en novo equipo de Primeira División Galega, a falta da confirmación oficial por parte da Federación. Por outro lado, o plantel alevín do C.T.M. Lalín é o novo subcampión provincial escolar, tras caer na final co Vincios por 3-1.