?s pupilos de Émerson Ramírez teñen practicamente amarrado o salto á Primeira División da natación galega despois de concluir o sábado nas Pontes a primeira das dúas xornadas da Liga de Segunda División con 347 puntos, tan só por detrás do C.N. Xove (351) e con 80 puntos máis có terceiro clasificado, o As Pontes. Por se esta diferencia fose pouca, o Lalín Olimpia defenderá o seu segundo posto, o último con dereito a ascenso, na capital dezá. Será o vindeiro 8 de maio, na segunda e derradeira xornada da Liga. O equipo lalinense cumpríu cos pronósticos que o situaban como favorito ao salto de categoría, sobre todo trala fusión dos dous clubs de natación da vila. Nembargante, Émerson Ramírez non se conforma co subcampionato, e avisa de que os seus nadadores irán o día 8 a polo título ligueiro. Nova mínima nacional Ademais do éxito colectivo, o club dezano puido presumir nas Pontes da súa sétima mínima para o vindeiro Campionato de España Infantil. Nesta ocasión, da man de Elías Fernández en 1.500 libres.