TRIBUNA ABERTA | O |
16 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.BAIXO O DITO de que «a avaricia do PP rompeu o saco», quero felicitar ó PSOE por ganar as eleccións. Felicito a Zapatero, Touriño e Lázara e penso que Zapatero terá as portas abertas para recibir e favorecer a todos. Aludindo a prepotencia dos populares, alégrome de que un equipo de segunda rexional alcanzara a división de honor, no que tiveron moito que ver dous millóns de votos de xente humilde. Souperon estar a altura das circunstancias e fixeron baixar de categoría a un peso pesado como é o PP, que tratou de enganar os españois con mentiras sobre o atentado. En canto a Cuiña Maceira, o veterinario do CIS, entendo que se lucrou do oportunismo, pois o PPS deixoulle o camiño aberto, e hoxe, xa non se acorda dos problemas dos gandeiros coma que as vacas valen menos ca nunca e non di nada nin nos plenos. Solidarízome cos veciños de Silleda, polo problema da agua, e non entendo como tropezan tantas veces na mesma pedra, sen considerar que cos cartos dos veciños estanse a pagar canerías alleas e servicios que non reciben. Estamos en conversacións en Galicia para facer un partido de coalición para as autonómicas e abertos a quen queira sumarse. Rexeito a actuación de Louzán pola súa prepotencia e pouca honestidade. Recordo que o falecido, meu irmán Eulogio, antigo dirixente de AP, foi quen levou da man a políticos da zona de A Estrada obrando sempre con legalidade. A fortaleza do PP de A Estrada débese a meu irmán cuia familia non recibiu nin siquera un telegrana do presidente galego. Espero que Galicia e Silleda noten o cambio para mellor.