Análise | O Portadeza ten ante si un moi complicado final de Liga Nos partidos restantes, os pupilos de Xosé Couso mediranse a cinco dos seis «cabezas» da clasificación cos enfrontamentos da primeira volta como negros precedentes
23 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.?umprido o trámite de derrotar ó colista, e co lunar do empate en Porriño, o Portadeza encara unha recta final de tempada de alta voltaxe. E é que só así se pode calificar a lista de compromisos que enche a súa axenda deportiva ata a conclusión da Liga, o vindeiro 3 de abril. Neste intervalo, cinco dos seis primeiros clasificados medirán as súas forzas co conxunto roxinegro, comezando polos tres equipos que se disputan os postos de promoción de ascenso: León (terceiro), Bueu Atlético (segundo) e Fadesa Coruña (primeiro). Despois, e tralo breve respiro da viaxe a Móstoles (noveno), o Portadeza enfrontarase ó Cisne (cuarto) e ó Astillero (sexto). Difícil papeleta se lle presenta pois ó plantel de Xosé Couso. Máxime, botando unha ollada ós marcadores das seis derradeiras xornadas da primeira volta, con catro derrotas e dúas victorias dezás. O factor cancha resultara daquela determinante. Así, deixando á marxe o triunfo sobre o frouxo Ciudad de Móstoles, o C.B. Lalín venceu con claridade no seu pavillón ó Astillero (34-26) e, no mesmo escenario, a piques estivo de sorprender a un Bueu Atlético que chegara á cancha dezá con sete partidos gañados e un só perdido. Nada que ver coas tres derrotas de entre cinco e oito tantos de diferencia nos feudos do León, Fadesa e Cisne. Agora son estes tres últimos os que terán que acudir a Lalín e visitar a un rival que conta ó seu favor coa tranquilidade clasificatoria, un maior grao de madurez e, suponse, o desexo de premiar á súa sufrida afección coa cabeza dos grandes da Liga.