Crespo e Ruibal devólvenlle as críticas polo campo ó C.D. Lalín

La Voz

DEZA

?osé Crespo e Ramiro Ruibal aproveitaron a presentación do torneo de rugbi para devolver as críticas que desde o C.D. Lalín se verqueron esta semana polo suposto mal estado do céspede do Manuel Anxo Cortizo o pasado domingo, no partido contra o Verín. O primeiro en sacar o tema a colación foi o concelleiro de Deportes. Neste senso, lembrou que «o Manuel Anxo Cortizo é para tódolos lalinenses, e seguirá albergando partidos de rugbi como ata agora á marxe de que dianteiros centros e adestradores queiran xustificar os seus resultados polo campo». Ruibal informou ademais de que «o Concello contratou un pisón de tres toneladas para deixar o campo en perfectas condicións o mesmo domingo. Pola súa parte, Crespo dixo que «clubs que usan infraestructuras públicas pensan que son deles, e non é así».