Deixar pasar o Xacobeo

DEZA

O CRISOL | O |

19 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

DÍA A DÍA, cando só van 20 dos 366 que ten este Ano Santo, escoitánse continuamente cifras de inversións nos distintos camiños de Santiago: para dotar de puntos de información, mellora da flora e tamén de que o número de visitantes vai ser moi superior o dos Xacobeos anteriores. Mentres todos estes números se suceden na comarca de Deza, un dos últimos tramos da Ruta da Prata e no resto da zona semella que imo deixar pasar esta oportunidade de promocionarnos e darnos a coñecer. O noso patrimonio arquitectónico, cultural e paisaxístico nestes momentos parece que cumple a función de un excelente decorado para aqueles que se achegan a darlle un abrazo o Apóstolo Santiago. A cercanía a un dos focos de atención durante este ano 2004 témola que aproveitar máis. As nosas casas de turismo rural non deben ser só para durmir e o día seguinte cando espertan ir ver a catedral compostelana ou facer unha ruta pola costa. Pero como sempre aquí cada un anda pola súa conta e os que se unen son poucos. Só un exemplo: os folletos informando dunha oferta integral son case que inexistentes. Deste xeito atopar o Pazo de Oca e a Fervenza do Toxa nun mesmo díptico de información é impensable. Así é difícil que os visitantes sepan que en escasos kilómetros a redonda teñen oportunidades moi diferentes para desfrutar de algúns días de descanso. Pero hai máis. A sinalización na autoestrada e estrada nacional de puntos de interese é moi escasa. Agora está empezando o Xacobeo, hai tempo para rectificar e lograr que escollan esta zona do centro de Galicia algún turista máis dos milleiros que se acercarán a Compostela.