Acevedo alabou a actitude dos seus homes o domingo ante un Dépor B ó que costou moito vencer O equipo xuvenil remontou na súa visita ó Ural, gañando 1-2 con goles?de Dani e Javi
05 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.? C.D. Lalín chegará esta fin de semana á decimoitava xornada da Liga situado por primeira vez na quinta praza da táboa, a súa cota clasificatoria máis alta no que vai de campionato. Un posto este que lle arrebatou o pasado domingo a domicilio ó ata hai dous meses intratable Deportivo B: 0-1. Marcos, de penalti, deulle o triunfo ó cadro dezao cando apenas faltaban dez minutos para a conclusión do partido, marcado pola igualdade amosada por ambos rivais. No seu regreso ó banquiño do primeiro equipo, José Manuel Acevedo salientou onte a actitude dos seus homes, que «supieron sufrir, haciendo un gran esfuerzo» por levarse os tres puntos en xogo. «En los pocos días que he tenido para preparar al Lalín he intentado mentalizar a los jugadores de la necesidad de conseguir al mismo tiempo solidez defensiva y peligro ofensivo, y se consiguió, sobre todo en la primera parte». Na súa radiografía do encontro ante o filial herculino, Acevedo recoñeceu que «al principio sufrimos algún desajuste defensivo, al pasar de la defensa de cinco que se venía empleando hasta ahora a una de cuarto». Pero unha vez resolto este inconvinte «nos impusimos ligeramente en el resto de la primera parte, en la que dispusimos de varias ocasiones claras de gol, por ninguna del Dépor B». Na segunda, «los dos equipos estábamos cansados tras unos primeros 45 minutos de ritmo trepidante, en un campo tan grande como el de Abegondo, por lo que estaba claro que quien marcase primero iba a tener mucho ganado». E foi o Lalín quen o fixo, «poco después de que le hiciesen un penalti a Buceta no señalado». Pola súa parte, o equipo xuvenil impúxose, tamén o domingo, 1-2 ó Ural. No debú de Luis Bermés, o cadro dezao remontou o 1-0 que no minuto 20 recibíu como castigo ó seu tibio inicio de partido. Cinco minutos despois Dani voltaba a igualar o encontro, e Javi, de penalti, situaba o marcador final a un cuarto de hora da conclusión do choque que, polo visto, puido ter contado con máis goles roxinegros.