O vindeiro ano voltará a competir co seu Mitsubishi Lancer Evo VI

La Voz

DEZA

PRADERO

?demais de querer voltar a competir no Galego de Rallies, Martínez Barreiro ten claro que o fará ó volante do seu actual coche porque, di, «está en perfectas condicións para gañar o título, aínda que haxa vehículos máis potentes». O piloto estradense conduce desde o 2000 un Mitsubishi Lancer Evo VI cun motor de 2.000 c.c. turbo de 16 válvulas e 280 cabalos a 6.000 revolucións por minuto. A montura de Barreiro dispón de tracción ás catro rodas (de llantas de 18 pulgadas), unha velocidade punta de 200 quilómetros/hora e 1.240 quilos de peso.