17 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.
?amiro Ruibal, concelleiro de Deportes de Lalín, presenta ás dez desta noite na sala de xuntas do Concello dezao a nova edición da Liga Local de Fútbol Sala. Polo de agora a organización ten asegurada xa a presencia de quince equipos na competición, ademais doutros tres que están practicamente comprometidos. A intención dos responsables da Liga Local de Fútbol Sala de Lalín é que o torneo comece a vindeira semana ou, ó máis tardar, na primera do mes de decembro. Esta última opción parece ser a máis probable, toda vez que resulta difícil ter todo listo en tan só os seis días que faltan para a semana que vén. Un ano máis, a solidez da competición lalinense queda patente visto a amplo número de equipos cos que xa conta nestes momentos.