O escritor de Betanzos Javier López López recolleu o García Barros pola súa obra «A vida que nos mata» Máis de 150 persoas asistieron a entrega do premio literario
15 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.? Estrada renovou onte o sue compromiso coa literatura galega coa entrega da nova edición do premio de novela Manuel García Barros, que este ano recaeu no escritor Javier López López pola obra A vida que nos mata . O acto, ó que asistiron 150 persoas, foi presentado polo escritor estradense David Otero, que introduciu ós asistentes no galeguismo e na lingua propia resaltando as quince convocatorio do premio e os outros tantos anos de esforzo de cara a darlle un maior prestixio. Despois desta presentación polo estrado subiron unha nutrida representación de políticos ós que o alcalde, Ramón Campos, lle entregou a insignia do Sombreiro de plata. Entre outros, recibiron a distinción o conselleiro de Xustiza, Xesús Palmou, e o de Educación, Celso Currás, ademais de persoeiros da cultura. Antes de que Javier López subira a recolle-lo galardón que o acreditaba como gañador, Valentín García secretario do xurado leu a acta, aludindo ós 27 orixinais que competiron nesta edición e ós méritos da obra e do autor. O gañador da presente edición do García Barros, Javier López López, -cun pin de «Nunca Máis» na solapa- destacou que nos premios sempre se fala do autor, cando a verdadeira protagonista é a novela. «Quen merece o galardón é a obra. Deliberadamente non fixen unha novela negra aínda que cumpra bastantes regras deste xénero», sinalou facendo un repaso polas características que cumpre e cales non según as normas clásicas. A novela gañadora está ambientanda na segunda república española, na Belle Epoque. A historia localízase no balneario de Mondariz, onde se atopan as élites mercantís, burguesas e culturais da época, lugar ó que vai un xornalista para cubrir unha voda e xorde un crime. O escritor betanceiro rematou indicando que agardaba que Galaxia fora a súa editorial dende este momento. Víctor Freixanes, de editorial Galaxia, que publica a obra, referiuse a García Barros e a nómina de nombres coñecidos da literatura galega que lograron o premio. Á entrega do galardón faltaron algúns habituais nos últimos anos.