Pilar Araújo será a encargada de impartir o monográfico de cancións do mundo que tamén comezará o vindeiro día 14, ás 19 horas, na aula de canto do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín. Un curso que custará 100 euros para os alumnos do centro e 140 para os de fóra. «Este é un monográfico para fomentar tamén o respeto e a mabeabilidade precisos á hora de cantar en grupo», engade Uxía Pedreira. O curso terá unha duración de tres meses ó longo dos que se traballarán capacidades tales como coñecer os xestos básicos da dirección e acadar a capacidade de interpretar música consonante a eles, dominar as técnicas necesarias de atención, respiración, audición, emisión, entonación e afinación, propias desta modalidade interpretativa. No monográfico non faltará un repertorio de cancións de Europa, Australia, América e África.