Entrevista | Lucita Villar Jar A estación de autobuses de Lalín acollerá o 25 de outubro, pola noite, este certame
04 oct 2003 . Actualizado a las 07:00 h.Un dos eventos máis multitudinarios que organiza a Asociación de Mulleres Rurais Deza, que preside Lucita Villar, segue a ser o Certame Gastronómico. -Cursos ó longo do ano pero, ¿o certame é a estrela das ofertas do colectivo? -Sin dúbidas. Ós cursos que programamos ó longo do ano asisten moitas socias e fillos das asociadas pero ninguén se quere perder o certame gastronómico. Dende a asociación organizaranse cursos de cociña polas parroquias do municipio e á hora de clausuralos pensamos nunha cea. Tivo tanta aceptación que decidimos facer un certame destas características tódolos anos. É un acto que nos permite xuntar a tódalas mulleres. Ó celebrarase á noitiña é máis doado para todas elas poder asistir. É unha boa ocasión para intercambiar opinións e divertirse, por suposto. -¿Que variacións haberá nesta sexta edición? -A filosofía do certame é a mesma doutros anos aínda que as actuacións serán diferentes. Ás 19 horas comezará a recepción dos pratos de todas aquelas que desexen concursar. Poderán presentar a concurso primeiros pratos, segundos ou postres. Unha hora despois, a partires das 20 horas, un xurado integrado por varios membros visitará, probará e valorará os pratos presentados. Temos previsto comezar a cea ás 21.30 horas e logo entregar os premios ás gañadoras do certame. -Falaba vostede tamén de actuacións... -Mentras o xurado esté ocupado cos pratos, actuará o grupo de bailarinas da Asociación de Amas de Casa de Ribeira e como remate do acto teremos baile para as asistentes. -¿Cantas persoas poderían asistir ó evento? -Non é nada doado facer unha previsión. Creo lembrar que na pasada edición había máis de 300 persoas e, para o vindeiro día 25, poderíamos estar a falar dun número semellante ou superior. Na vindeira semán xa teremos un número aproximado.