Reportaje | O Concello de Lalín programa talleres nos colexios Comezará este mércores un programa de actividades extraescolares en 5 centros
29 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.O Departamento Municipal de Educación do Concello de Lalín diseñou un amplo programa de actividades extraescolares para o presente curso académico. Un programa que se desenvolverá nos colexios Manuel Rivero, Prado e Vilatuxe e nas escolas unitarias de Donramiro e Goiás. Este proxecto, que depende da concellería de Formación Social e Cultura, será coordinado por Mar Vázquez e David Canda en colaboración con María José Taboada. As actividades que se levarán a cabo «serán distintas segundo as idades dos cativos ás que están dirixidas e polas preferencias dos propios alumnos que se anotaron nas actividades», matiza David Canda. Así os rapaces puideron escoller entre varias opcións «que van dende o fútbol sala pasando polas técnicas de estudio, xogos de mesa, animación á lectura e videotecas infantís». O fútbol sala é, de momento, a actividade deportiva que está a ser máis demandada «xa que no colexio Manuel Rivero, segundo os datos dos que dispoñemos, anotarónse vinte rapaces cos que comezaremos este mesmo mércores». Unha xornada na que, explicou Mar Vázquez, acudiremos tamén ás escolas unitarias de Donramiro e Goiás. As técnicas de estudio, unha das novidades que se inclúe neste programa que xa se levara a cabo fai unhos meses, están dirixidas a «rapaces que teñen deberes e tentaremos explicarlles cuestións tan importantes como son saber facer un esquema, poderan facer os deberes ó longo do tempo que dure a actividade e mesmo poderán plantexarnos as súas dúbidas sobre algún punto concreto dunha materia que non entendan». Os alumnos do colexio Manuel Rivero ó contar xa neste curso académico con xornada única poderán tomar parte nas actividades extraescolares en horario de 16 a 18 horas. Os coordinadores deste programa pretenden levar a actividade de animación á lectura a tódolos centros educativos do municipio.