O CRISOL | O |
27 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.ENCÁNTAME VER como o mundo evoluciona. Durante séculos mulleres e homes non tiveron máis opción que buscar parella e contraer matrimonio. Por activa ou por pasiva o destino de case todos os nados era atopar un bó partido, contraer sagrado matrimonio e ter uns cantos fillos, dependendo dos posibles, claro. Ben é certo que sempre hai excepcións, e non todas e todos chegaban a cumplir o seu destino . Sempre quedaban por aí perdidas algunhas mulleres que, ou tiñan que quedarse a coidar os pais, ou xa directamente non atopaban con quen casar. O que hai que ver. Pero todo iso, afortunadamente xa é historia, acabouse. Agora se queres casas, e se non pois non. A frase esa de quedar para vestir santos esfumouse, e cada un fai o que lle ven en gana. O mito da muller solteira por falta de media laranxa non é máis que unha lembranza, as cinsas tralo lume. As mulleres de hoxe en día teñen ó alcance da súa man a decisión de escoller que facer coa súa vida. Ninguén pode imporlles xa matrimonios amañados. Acabouse iso de mirar ás mozas de reollo preguntándose a razón da súa solteiría. Xa ninguén queda para vestir santos.