«A tranquilidade coa que se vive aquí vale moitos cartos»

Rocío García Martínez
Rocío García A ESTRADA

DEZA

Entrevista | David Raposeiras Correa Raposeiras afronta o novo mandato co reto de frear o descenso de poboación que amenaza ó municipio de Forcarei. A creación de emprego e a vivienda barata serán as súas armas.

28 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

O alcalde de Forcarei, David Raposeiras, tén fixada unha meta ambiciosa para a lexislatura que acaba de botar a andar. O reto é sacar adiante seis grandes proxectos e atallar a despoboación galopante que afecta ó municipio. -Temos previsto mellorar a carretera de Cachafeiro a Soutelo e construir un punto limpo no polígono de Cachafeiro. Ademáis temos proxectado crear un vertedoiro de residuos da construcción na antiga canteira de Castrelo. No que se refire ó ocio e ó deporte está a punto de comezarse a construir un circuito de kárting na Madanela. -¿Vaise incidir na potenciación dos recursos naturais e turísticos do Concello? -En Forcarei temos unha natureza privilexiada. Na área recreativa do Cotelo adquirimos un muíño que os participantes no campo de traballo estiveron acondicionando. Nel temos pensado crear unha aula de interpretación da natureza. A esta actuación haberá que sumar ademáis a continuación das obras de restauración do mosteiro de Aciveiro, nas que traballarán os empregados do obradoiro que nos acaba de conceder a Xunta. As obras de ampliación da hospedería están a punto de rematar e agora Política Territorial vai acondicionar a plaza exterior do mosteiro. -¿Estanse a tomar medidas para frear o acelerado descenso de poboación? -Estamos tentando crear postos de traballo, sobre todo para as mulleres, para fixar poboación no noso Concello. Queremos crear postos de traballo para a xente moza, para que non poñan esa disculpa para abandonar as aldeas. Ademáis estámoslles facilitando o acceso á vivenda. -¿Como convencería a alguén para que elixise Forcarei como lugar de residencia? -Nós non podemos competir como Concello con grandes cidades coma Pontevedra, Vigo ou Santiago. Non podemos dar as comodidades que dan eles, pero ofrecemos servicios cun bo nivel, moitas veces por riba dos doutras vilas de maior tamaño. A nosa calidade de vida está moi por riba da de outras zonas. A tranquilidade coa que se vive aquí vale moitos cartos. Ademáis está o noso entorno natural privilexiado. -¿Tamén se pagan menos impostos? -Só de auga en Pontevedra pagan máis ca nós por tódalas taxas xuntas. -¿Que falta en Forcarei? -Se queremos un cine ou un teatro non hai, pero temos Santiago a menos dunha hora. Aquí o que fai falla é mellorar as vías de comunicación e o saneamento e abastecemento no rural, pero xa estamos traballando neso.