O CRISOL | O |
20 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.MOITOS TÉNTANO, pero poucos o conseguen. Verán tras verán aparecen, ata de debaixo das pedras, compositores e espabiladiños que tentan facer iso que chaman canción do verán. Non estou moi segura do que é, pero imaxino que será outra táctica máis coa que as macroempresas gañan moitos cartos invertindo máis ben pouco. Falar de canción do verán ven sendo sinónimo de falar de Georgie Dan, ese ser inmortal capaz de desafiar ó paso do tempoco seu moreno perpetuo e o seu tinte natural. Poucos poden presumir de non ter cantado iso do chiringuito e non saberse o estribillo da dichosa barbacoa. O problema para o señor Dan xurdiu nos úlimos anos cando algún que outro visionario se decidiu a retar ó rei do veranito. Como a cousa estaba máis ben complicada, había que dar algo novo, algo suculento a maiores da musiquita pegañenta, e entón lembraronse de que o mellor acompañamento a unha canción é un baile á súa altura, e así foi como naceu a lenda da Macarena. Nen tan sequera os xaponeses foron quen de resistirse ás andanzas da moza de Los del Río, e así foi como o mundo comezou a xirar ó ritmo de «dale a tu cuerpo...». As alegrías non son eternas, e os veráns seguintes Macarena quedou no esqucemento e chegaron cousas novas que homenaxeában ás bombas, ós cowboys e a todo o habido e por haber. Os triunfitos marcaron unha nova era, e o rei Dan seguiu destronado. Pode que agora que iso da canción do verán está tan difícil, lle fora mellor pasarse a outra cousa e tirar por derroteiros máis poéticos. Ó igual que Sabina, ó mellor o seu é facer a canción máis fermosa do mundo.