Que aproveiten os que poidan

DEZA

O CRISOL | O |

06 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

AS CONVERSAS en verán soen xirar sempre sobre o mesmo: a calor, as festas e as vacacións. Sobre este último tema hai dúas variantes: os que falan delas porque as disfrutan e os que se acordan do descanso porque carecen del, ou o que é o mesmo, porque lles tocou pandar. Para os pobres pringaos que non disfrutan de vacances o bo tempo resulta ser algo así como unha mala xogada. ¿Por que se non poden desfrutar chega o bo tempo? Mellor que chova. Claro que aínda pode pasar algo peor: colles os días de relax nun chuvioso e invernal mes de xullo para que en agosto chegues de novo a traballar e te atopes con días de auténtico estío. Ademáis, ver como a xente se vai a pasalo ben e tí tes que esperar outros cantos meses para non facer nada, mesmo pode chegar a resultar traumático. Amáis diso, tódolos anos ocorre o mesmo, chega finais de setembro e os informativos, xornais, revistas e medios varios desfanse en consellos para levar mellor iso do trauma postvacacional. Os consellos son múltiples e varios, dende pensar en volver a ver ós amigos do traballo ata imaxinar que Nadal está xa á volta da esquina. ¡ Menudo consolo! Ademáis sempre está iso dos bós propósitos para o ano que ven: se ir ó ximnasio e quitarse os kiliños de máis, se deixar de fumar... ¡Vacacións, esa eterna panacea que parece que non chega nunca e que cando chega pasa tan rápido que nen tan sequera nos damos conta! Ó mellor é que non sabemos aproveitar o que temos, pero é que pasa demasiado rápido, sobre todo en vacacións. Con todo isto, un consello: disfruten mentras poidan porque o inverno está a chegar.