18 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.
O lalinense Álex López ten esta tarde, a partir das 16.00 horas, a súa terceira cita co calendario do Campionato Galego de Supercross. Narón é o lugar escollido nesta ocasión. Un circuito que o dezao coñece do ano pasado e que o seu pai, Carlos, non cría onte que variase en demasía. Álex sairá a defender o seu liderato da clasificación xeral autonómica, que comparte nestes momentos co ferrolán Marcos Fernández, ambos empatados cos mesmos puntos. A orixe de Fernández, da mesma bisbarra có circuito, confírelle a este o papel de favorito na proba de hoxe.