Os rapaces afrontan a cita coma un premio de fin de tempada
15 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.As promesas do C.N. Lalín porán esta semana fin á tempada 2002/2003 coa súa participación no Campionato Galego Absoluto de Natación, que entre hoxe e o venres se celebra en Ourense. En total, son dez os nadadores do clube dezao que toman parte nunha competición á que só se pode acceder coa consecución dunha marca mínima. A lista conta con Alba Rubial (400 metros estilos e 50 costas), María Loureiro (400 metros estilos), Mónica Trujillo (50 e 100 metros bolboreta), Marta González (50 e 100 ms. costas e 100 ms. croll), Marcos Loureiro (50 e 100 ms. croll e 50 ms. bolboreta), Alberto Taboada (200 ms. costas, 200 ms. estilos e 100 ms. bolboreta), Jacobo Sueiro, Iván González e Elías Fernández (relevos 4x100 ms. estilos e croll). Todos eles son rapaces en idade infantil, agás Alba Rubial, alevín, Marcos Loureiro, júnior, e Marta González, a única sénior. O adestrador do C.N. Lalín, Émerson Ramírez, comentou onte que «afrontamos el Campeonato más como un premio para los chicos y una forma de que cojan experiencia que como una competición que haya que ganar. Se van a medir a gente mayor que ellos, por lo que para nosotros el objetivo ya está cumplido desde que lograron las mínimas. Los resultados concretos no importan». Os 50 metros bolboreta, os 400 estilos e o 4x100 croll enchen o programa da xornada inaugural.