Moito máis que folque en As Casianas

La Voz LA VOZ | LALÍN

DEZA

MARCOS MÍGUEZ

Reportaxe | Foliada en Lalín A carballeira volve a rebosar actividade día e noite con música, teatro e malabares

12 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

A carballeira das Casianas volveu a encherse este fin de semana. Como cada vez que acolle a Foliada quédase pequena para tantos visitantes dispostos a pasalo ben durante tres longas xornadas nas que un case se olvida de durmir a pesar de que a tenda de campaña está a escasos metros. O venres a festa xa comezou forte a pesar de que os problemas co tráfico aéreo impediron a chegada dun dos grupos fortes do cartel, os escoceses Shooglenifty. A organización reaccionou pronto e o grupo Marfull, con Uxía Pedreira como vocalista, cautivou ós numerosos asistentes, moitos chegados de fóra de Lalín. As súas cancións con letra comprometida espertaron a conciencia de máis dun. A farra prolongouse ata altas horas pero onte o mediodía As Casianas xa recuperaban de novo a actividade. A música de jazz ou a actuación do Doctor Cotomondongo y sus metales precisos fixeron a ledicia do público pola tarde. Hoxe rematará a Foliada, que pese a coincidir con Ortigueira está máis que afianzada e xa logrou un público fiel. A organización, a cargo da asociación Berra, mostrou a súa satisfacción por como se está desenvolvendo tanto pola música como pola asistencia.