«O PP está moi desprestixiado»

La Voz

DEZA

19 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

¿Ve posibilidades de desbancar ó PP e poñer en marcha a súa propia política? -Nós estamos observando nesta campaña que o PP está desprestixiado a nivel xeral pola crise do Prestige e a guerra de Irak, que amosaron que o Partido Popular é incapaz de buscar solucións axeitadas ós problemas e que desprecia a opinión dos cidadáns. Goberna de costas ó pobo. En A Estrada, este desprecio xa se viña producindo de antes, e o desprestixio cristalizou máis. Hai un grande descontento que se vai canalizar cara a forza que estuvo durante toda a lexislatura traballando desde a oposición. Estamos notando unha actitude moi crítica coa figura do alcalde, polo seu talante e arrogancia e, no casco urbano, esperamos uns resultados moi por encima dos do PP. -¿Cal sería para o BNG un bo resultado? --O obxectivo está posto en acadar a maioría suficiente para poder gobernar, aínda que o máis realista é falar dun resultado que nos permitirá desbancar ó PP e gobernar en coalición. -Se o BNG non acada a maioría ¿Estaría disposto a formar coalición co PSOE? -O obxectivo primeiro é que en A Estrada haxa unha alternativa. Se non hai maioría habería que falar de acordos. Non tén por que ser un goberno de coalición, poderían estudiarse outras fórmulas de apoio na lexislatura, dependendo dos resultados acadados. -A alcaldía de A Estrada ¿É a súa máxima aspiración política? -Xa dixen que eu non entendo a política como unha actividade profesional, senón como un servicio á cidadanía. Nesa liña, as miñas aspiracións políticas rematan na alcaldía da Estrada, en contraposición co que pasa co alcalde, que quere colocarse para despois meterse na Deputación. Fontes do propio PP comentan que, se sae elixido nas municipais, renunciará a metade da lexislatura. Para el o primeiro é A Estrada, e despois a Deputación.