Presións

PAULA CARBALLEIRA

DEZA

TRIBUNA PÚBLICA | O |

07 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

O SÁBADO 3 de maio fun contratada para realizar dúas sesións de contos no concello de A Estrada. Dous días antes, o responsable da programación chamábame para concretar a actuación e para transmitirme unha advertencia dos responsables municipais, segundo o cal non debía mencionar en ningún momento a catástrofe do Prestige nin referirme a Nunca Máis nin posicionarme a favor ou en contra da guerra, baixo a ameaza de non pagarme o caché que acordamos. Nos case dez anos que levo adicándome a contar historias nunca me chegaron amezas dese tipo e afortunadamente ninguén pretendou interferir no contido dos meus espectáculos. Como considero de xustiza que o público e, sobre todo, a xente que paga cos seus impostos os responsables do seu concello, coñeza esta clase de ameazas, mencionei o tema durante a actuación. O meu obxectivo non é a propaganda política de ningunha clase, senón que o considero unha cuestión de dignidade e de sendio común. Aínda hoxe me parece ético posicionarme en contra da guerra, de calquera guerra, motivada polas razóns que sexan, así como denunciar a catástrofe do Prestige e a neglixencia dos nosos gobernantes ó respecto. Despois da sesión do sábado, a maior parte do público demostroume o seu apoio e a súa simpatía, detalle que agradezo, así como o seu abraio ante o feito de que exitan presións dese tipo por parte dun organismo público. Non sei quen é o/a responsable directo da acción, porque non tivo a ousadía de chamarme en persoa e, polo tanto é libre de curarse en saúde botándolle a culpa a outros ou negándoo todo, pero manifesto unha vez más a miña indignación pola súa actidad represora que non considero repsentativa en absoluto do sentir popular dos habitantes da Estrada. Animo a facer públicos estes actos de coacción e a falar en liberdade, a ver se conseguimos que as únicas armas de destrucción masiva -non de persoas, pero si de orgullos- sexan as palabras.