O porteiro Juanillo debutará co equipo azulón coma titular Julio, tocado nun nocelo, é dúbida, e Garabal e Míchel xogarán moi mermados
04 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.Xa sen Capi, que hoxe xoga o seu primeiro partido coa camisola do Cesuras, o Enredo Acibro afronta un dificilísimo compromiso en casa (16.30 h.) ante o probablemente mellor equipo da categoría, o Burela. O adestrador do conxunto azulón, Rodrigo Feijoo, apunta que «estamos ante gente muy experimentada, una plantilla reforzada a mediados de campeonato por tres jugadores hispanobrasileños que ya militaron en División de Honor».Fronte a este rival de altura, o Enredo debe apostar «por sorprenderlo en jugadas de estrategia y a la contra, sus puntos débiles», di Rodrigo. Para iso, ademais, é preciso «que consigamos mantener la portería a 0», cando menos durante bastante tempo, tendo en conta que o Burela caracterízase por ser unha escadra moi goleadora e con poucos tantos na súa contra.Fronte a este coloso, o clube estradense presenta un plantel moi diezmado. A marcha de Capi á marxe, Julio sufríu esta semana unha lesión nun dos seus nocelos, o que o convertía onte nunha seria dúbida para o encontro cos lugueses. Ademais, Garabal sigue coxo e Míchel foi convocado pesie a seguir padecendo fortes dores pola súa osteopatía de pubis. De feito, podería rematar por non saltar á cancha.Quen si o fará será a última fichaxe do equipo, o gardameta Juan Juncal, Juanillo , que xogará xa coma titular. Beni decide agardar Polo que respecta ó posible regreso de Beni Eiras ó Enredo coma segundo adestrador, o eestradense manifestou onte a súa intención de tomarse un tempo antes de dá-la súa resposta ó clube de Tabeirós. Neste senso, Beni rexeitou a oferta do Santiago para facerse co banquiño compostelano ata final da tempada, pero acordou co clube coruñés falar a finais da mesma da posibilidade de fichar para o 2003/04 aproveitando que o Enredo non lle pedíu, di, unha resposta inmediata. No tocante ó prazo dado polo clube azulón ós xogadores indecisos para que definiran a súa intención de quedar ou marchar o próximo ano, finalizado o xoves, a directiva comentou onte a súa intención de non informar do parte de altas e de baixas ata a conclusión da Liga, o 17 de maio. Nembargante, con anterioridade a esta decisión xa se confirmara oficiosamente a continuidade de Capi, Marcos, Nikima, Garabal, Julio, Gonzalo e dos xuvenís Javi e Pedro