Duelo a morte do Estradense

La Voz

DEZA

29 mar 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

Carballiño e Estradense disputan hoxe (Municipal de Espiñedo, 17.00 horas) un duelo a vida ou morte. Un 1 ou un 2 na quiniela porían en serio apreto a calquera de ámbolos dous, cuarto e terceiro pola cola da clasifición da Preferente Sur con 32 e 31 puntos, respectivamente. Visto o visto, a Manuel Blanco, adestrador do Estradense, só lle quedaba dicir onte que «este é un dos partidos que temos que gañar». Mais non como sexa, senón «con moita cabeza, facendo o que levamos practicado nos adestramentos esta semana».Blanco prevé un enfrontamento «moi intenso», no que será fundamental «a mentalidade coa que saiamos. Debemos saltar ó campo con moitísimas ganas, pelexando a morte por cada balón desde o primeiro minuto, xa que os erros van ser fundamentais no resultado final».O técnico sinalou onte que os seus homes están en perfectas condicións físicas para afronta-lo choque, ó tempo que lembrou que o Carballiño «segue unha liña descendente, sen gañar desde hai moito tempo e con moitos problemas para marcar».Óscar volta á convocatoria logo de sufrir una afección vírica que o deixou k.o. a semana pasada. Nembargante, Blanco non sabe se o poderá alinear coma titular, xa que estes días adestrou con poucas forzas.