«Voltamos de Madrid con novas ideas e experiencias»

Amelia Ferreiroa lalín

DEZA

Representantes da Asociación de Tempo Libre Mistura de A Estrada participaron no duodécimo Encontro de Animación e Tempo Libre

17 mar 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

a. -¿Cales son os obxectivos destas reunións? -O obxectivo é coñecernos persoalmente e intercambiar experiencias e tamén profesores entre escolas. Non se descarta tampouco a posibilidade de organizar actividades conxuntas. De feito, algunhas escolas de tempo libre de Madrid teñen pensado organizar campamentos en Galicia e xa acordaron poñerse en contacto con nós para pedir a información oportuna. -¿Que experiencias presentaron vostedes alí? -Falamos da organización da escola dentro da asociación e do encontro de asociacións que fixemos no ano 2001. Deixamos patente a experiencia que existe na escola que naceu no ano 1994 e logo explicamos como se desenrolou ese encontro con acampada e obradoiros en Vedra.