A directiva do Estradense ratifica a Blanco ata final de tempada

Pablo Penedo Vázquez
Pablo Penedo A ESTRADA

DEZA

No clube crese que non nos podemos arriscar a traer a alguén de fóra forafora A única esixencia do técnico, un axudante, seralle satisfeita nos vindeiros días

11 feb 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

? Os responsables do Estradense zanxaron definitivamente a substitución de Xosé López no banquiño do equipo. Na súa habitual reunión dos luns pola noite, a directiva do clube ratificou a Manuel Blanco coma adestrador do conxunto bermellón ata final da tempada. Unha decisión tomada de mutuo acordo co interesado, presente na xuntanza. Tres foron as razóns fundamentais que levaron ós encargados da entidade a confia-las rendas do seu primeiro equipo ó ex-xogador. A primeira delas, o feito de que «non hai niguén que sexa mellor coñecedor do equipo cá el». O seu pasado coma futbolista nas filas do Estradense, nas que se retirou a pasada campaña logo de moitos anos coa mesma camisola, convirte a Blanco en todo un experto na materia prima coa que agora vai ter traballar coma máximo responsable técnico.A segunda clave atópase no labor xa feito polo adestrador durante a presente tempada. «Menos as alineacións facía practicamente todo. O peso da preparación caía sobre el», explican desde a entidadePor último, a directiva tivo en conta que «o plantel está a morte con el». Algo que puido confirmar a través dunha sondaxe entre os seus xogadores.O único punto en contra de Blanco sería a súa falta de título de adestrador. Un problema que «xa está solucionado» segundo se explica no clube.Visto o visto, García Cota e a súa xunta consideraron por unanimidade a Blanco coma a mellor opción, tendo en conta ademais que «non nos podemos arriscar a traer a alguén que non coñeza isto, porque perdería demasiado tempo en coñece-la xente. Por iso, cando se foi López pensamos nun primeiro momento en Pibe».Durante a reunión do luns, Blanco dixo estar á completa disposición do clube, solicitando unicamente un axudante para os adestramentos. A directiva deulle o visto bo á petición, e xa ten dous candidatos da casa para resolve-lo tema nos vindeiros días.