Chourizo con sabor a choiva en Cruces

La Voz LA VOZ | LALÍN

DEZA

MARCOS MÍGUEZ

A feira gastronómica logrou reunir a numerosos participantes pese ó mal tempo

04 feb 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

? ? fume dos chourizos e a choiva misturábanse onte no recinto feiral de Vila de Cruces. O olor das viandas e das filloas á pedra tivo un duro competidor nas inclemencias meteorolóxicas. Aínda que a presencia de veciños da localidade e doutros concellos limítrofes foi importante estivo lonxe doutras edicións, coma a do ano pasado que coincidira en fin de semana. O mal tempo obrigou á organización, a cargo do Concello cruceño, a cambiar o lugar da degustación. Así, en vez de celebrarse na Plaza Juan Carlos I fíxose no recinto feiral. Dende ás once da mañá numerosos asistentes agardaban polos chourizos á brasa e ás filloas á pedra. Entre tanto, os alumnos de francés do instituto Marco de O Camballón aproveitaban para recaudar fondos para a excursión de fin de curso a París vendendo tazas de barro para tomar o viño por un euro. En total, preparáronse máis de cen kilos de chourizos acompañados polas filloas á pedra que pouco a pouco ía elaborando o Catedrático da Filloa, Molina de Merza. Os primeiros en disfrutar foron os alumnos do colexio Nosa Señora da Piedade, ás doce do mediodía. A partir de ahí, decenas de cruceños e veciños de outros municipios limítrofes -un autobús levou a estradenses- tamén puderon degustar estes productos tradicionais. Entretanto, algúns asistentes aproveitaban para facer compras en algúns dos numerosos postos ambulantes de venda que se acercaron hasta Vila de Cruces. Para eles onte tampouco foi un bo día polo mal tempo. Algúns xa recollían a roupa a unha do mediodía. Outros espectadores de excepción da feira gastronómica foron os técnicos da inspección técnica de vehículos (ITV) situados no campo da feira. Mentres se celebrou a degustación non tiveron ningún cliente.