17 ene 2003 . Actualizado a las 06:00 h.
Nin alfrombra bermella nin glamour. O plantel de actores e actrices, productores e técnicos de Trece badaladas , ou Trece campanadas , quizáis en coherencia coas críticas ó abusivo dominio ianqui da distribución cinematográfica, acudiron a estrea da película vestidos de diario, sen ningún perifollo. O galego Luis Tosar levaba unha camiseta co lema de Burla Negra. Nunca Máis, e Juan Diego Botto coa mensaxe Nunca Máis, que foi coreada polo público posto en pé, despois dun longo aplauso a todo o equipo do filme que subiu ó escenario. Non faltaron á cita representantes da vida local. A corporación acudiu case en pleno, co alcalde, Sánchez Bugallo, á cabeza. Entre os personaxes famosos, algúns destacados coma o debuxante Miguelanxo Prado.