Á BEIRA DA PINGUELA
10 dic 2002 . Actualizado a las 06:00 h.¿POR QUE? Por qué temos o outono máis negro da nosa historia. Por qué o goberno escolleu a opción máis mala de todas. Por qué non se falaba de marea negra. Por qué Galicia non é declarada zona catastrófica. Por qué non hai, nun país que vive do mar, nin un só barco anticontaminación. Por qué as forzas armadas belgas chegaron a Muxía antes que o exército español. Por qué non hai quen coordine os traballos de limpeza. Por qué temos a sensación de que estamos sós. Por qué os mariñeiros e os voluntarios tiveron que facer o que non fixo o goberno. Por qué foi Portugal o primeiro en detectar que os restos do Prestige seguían a contaminar. Por qué o repeiteado delegado do goberno en Galicia xogou durante días a ser o presidente dos galegos. Por qué toda Europa se mofa da incompetencia do goberno español. Por qué Cascos non visitou Galicia, e, nembargantes, xa paseou por Asturias. Por qué Matas tardou sete días en vir. Por qué o presidente non apareceu, aínda, por Galicia. Por qué na traxedia máis grande da nosa Terra, non dimite ninguén. Por qué Canarias se vai converter na quinta provincia galega. Por qué, se os peixes xa non pican máis, imos picar nós nas vindeiras eleccións.