Os infantís de Tinto acceden á terceira praza da táboa
04 dic 2002 . Actualizado a las 06:00 h.Os rapaces de Tinto leváronse o gato á auga no partido máis interesante da pasada xornada da Liga de Segunda División Infantil. Por 4 goles a 1, o Callobre A desfíxose con sorpredente comodidade do Cruces, igualándoo así a 21 puntos e desbancándoo do terceiro posto da táboa. Un penalti no minuto 1, transformado por Óscar Varela, puxo o duelo de cara para os locais desde o primeiro momento. Un tiro ó longueiro no minuto 20 foi unha das poucas ocasións claras dos cruceños, que sufriron o dominio do balón por parte dos estradenses. Esteban (min 35), Óscar Varela (min 50, de penalti), e José (min 57) marcaron o resto dos tantos do Callobre. Cequi, no desconto, logrou o gol da honra para a escadra visitante. No tocante ó resto da xornada, os equipos de arriba golearon ós de abaixo: o Spórting Estrada ó Lamela (0-18), o Santiso ó Deza (4-1) e o San Mamede ó Bandeira (10-1).