«Este ano só hai pinchos de codornices e pementos»

DEZA

A oitava festa do Pincho que se celebra hoxe é a preparación para os dous días de festexos que vivirá a parroquia lalinense de Vilatuxe

08 ago 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Agosto é sinónimo de festas gastronómicas en Deza e Tabeirós. Hoxe tócalle o turno a Vilatuxe. A parroquia lalinense celebra un peculiar evento gastronómico: A Festa do Pincho. -¿Quen organiza a Festa do Pincho? -Somos un grupo de veciños de Vilatuxe que levamos catro anos organizando esta festa, ademais dos propios festexos da parroquia, que son o sábado e o domingo. Traballamos en colaboración coa Asociación cultural O Toxo, da que eu son presidente. -¿Que hai hoxe en Vilatuxe? -A partires das 22.30 horas os festeiros poderán comer pinchos de codornices e pementos de Padrón. Despois haberá verbena a cargo dos dúos Pequena Aldea e Master. ­­-É dicir, que este ano reducides a variedade dos pinchos... -Si, nesta edición especializámonos nas codornices cos pementos e abandonamos os pinchos variados. Aínda que a idea inicial era que os pinchos aunasen as diferentes festas gastronómicas da zona resultaba moi traballoso e decidimos centrarnos nunha variedade. -¿Como xurdiu o orixinal pincho de codornices con pementos de Padrón? -Foi porque nesta zona hai moitos cazadores e ademais porque as codornices non son algo típico das festas gastronómicas da zona. Os pementos parécennos un bo acompañante. -¿Canta xente cre que se congregará en Vilatuxe? -É difícil de calcular pero creo que superaremos a cifra do ano pasado, que rondaba as 3.000 persoas -¿Canto custa degustar ese sabroso pincho? -Unha bandexa con dúas codornices, pementos, pan e viño custa 10 euros.