Castilla y León
La participación en las elecciones a las 14 horas sube dos puntos hasta el 36,9 %

«Temos unha escola en movimento»

La Voz

DEZA

AMELIA FERREIROA PROTAGONISTAS Uxía Pedreira, directora do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín O Conservatorio de Música Folque de Lalín rematará o presente curso académico o día 15 cun espectáculo que se desenrolará no auditorio a partires das 21 horas. No acto participará unha vintena de alumnos do centro e presentarase Ecléctica Ensemble, un dos grupos nacidos no seo do propio conservatorio. Ó longo dos últimos meses estívose a traballar no anuario Areán, en memoria do profesor e músico Luis Areán, que podería presentarse ó inicio do vindeiro curso.

03 jun 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

O terceiro curso do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín está a piques de rematar. -¿Que balance se pode facer deste ano? -Penso que se cumpriron as metas. Os alumnos puxéronse a tocar en escenarios fóra. Houbo dinamismo que era o que se pretendía acadar para que a xente vexa que temos unha escola en movimento. -¿Cantos grupos se formaron no seo do centro? -Máis ca grupos que xurdiran do conservatorio hai que falar de instrumentistas que están a tocar con músicos de prestixio. É importante suliñar que os que están matriculados son persoas que están realmente interesadas na música galega. -¿Celebraranse cursos de verán? -Este ano non os teremos. É preciso descansar porque foi un ano repleto de actividades e estamos a rematar o traballo do anuario que podería presentarse a principios do vindeiro curso. Chamarase Areán, en homenaxe ó profesor e músico Luis Areán, e é unha visión dun ano da música tradicional e folque.