25 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.
A final da Copa de Fútbol Veterano de Lalín tivo unha única cor, a do Galijuegos, que derrotou con comodidade ó Grúas Lalín por catro goles a cero. Rafa, no minuto 5, César, nos mins. 35 e 55, e Maradona, no 75, asinaron os tantos. Armando, a dez do final, puido mesmo aumenta-la ventaxa, pero fallou o penalti do que dispuxo. A diferencia de categorías dun e doutro rival foi evidente desde o primeiro minuto, e non deu opción á sopresa.