Resistencia poética en A Estrada

La Voz

DEZA

MARCOS MÍGUEZ

O premio Avelina Valladares e a nova canteira de poetas permiten que o verso sobreviva na era de Internet

17 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

ROCÍO GARCÍA A ESTRADA A entrega do premio de poesía Avelina Valladares e a presentación da folla literaria local Augasverso demostraron a noite do xoves en A Estrada que o verso foi quen de sobrevivir á era de Internet. A poetisa arousana María Goretti Fariña Caamaño recolleu o premio correspondente á sexta edición do certame poético estradense arroupada por preto dun cento de persoas que seguiron no Recreo Cultural un acto de exaltación literaria dirixido con maestría por Fátima Otero. A gañadora do Avelina Valladares amosouse satisfeita por ter recollido o galardón xusto o ano en que se cumpre o centenario da morte da autora local que deu nome ó premio. Goretti Fariña animou nunha breve intervención ós organizadores do certame a seguir adiante coa iniciativa e despideuse recitando unha das composicións incluidas no poemario gañador Dos eidos desvividos, unha elexía íntima á memoria dos seres queridos.