AMELIA FERREIROA PROTAGONISTAS Xosé Manuel Méndez, técnico de Medio Ambiente do Concello de Lalín O Concello de Lalín acaba de crear o rexistro de animais potencialmente perigosos, polo que os seus donos teñen a obriga de rexitralos nas dependencias municipais. A finalidade deste rexistro é ter perfectamente localizado ó propietario do animal en caso de que se producise algún ataque e coñecer o censo de cans potencialmente perigosos existentes no municipio. Este decreto, regulado por lei, contempla sancións para quenes non cumplan a normativa vixente.
05 abr 2002 . Actualizado a las 07:00 h.Os propietarios de animais que estén incluídos nas quince razas potencialmente perigosas deben rexistralos no Concello de Lalín. -¿A medida afecta a tódolos propietarios? -A todos aqueles que teñan algún animal que sexa potencialmente perigoso. Aquí hai moitos propietarios de pastores alemán e esta non é unha raza que sexa considerada perigosa. Se teñen dúbidas a hora de facelos trámites poden pasar polo Concello ou acudir a unha clínica veterinaria. -¿Que requisitos hai que cumprir? -É preciso ter unhas instalacións axeitadas para os animais e hai que presentar unha memoria na que se inclúan os datos do can, por exemplo, e facer unha solicitude no Concello para ter o animal e presentar un informe físico e psíquico do propietario. Son unhas características marcadas por lei que hai que cumprir. -¿Cal é a finalidade deste rexistro? -Prevenir ataques por parte de cans e controlar a tenencia destes animais nas casas e contar cun censo no municipio.