Variedades de cepas tintas

La Voz

DEZA

23 feb 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

En 1843, Antonio Casares apuntaba que «Espadeiro» e «Tinta Femia» eran as variedades principais de uvas tintas no Salnés. En efecto, segundo un relevante informe do concello de Sanxenxo, do ano 1853, que versaba sobre a fame que reinaba na provincia de Pontevedra, no termo municipal abundaba nomeadamente a cepa "Espadeiro". Tamén entre as variedades de uva negra, no el Partido Xudicial de Cambados, cara finais do século XIX, predominanaban «Espadeiro» e «Caíño», como o puña de relevo o «Avance Estadístico sobre el cultivo de la vid en España», difundido pola «Junta Consultiva Agronómica». Como se pode ver, a variedade de uva tinta Espadeiro alcanzou unha grande difusión e relativamente boa reputación nestas terras. Dalgún xeito, poderíase pensar que chegou a converterse na uva emblemática da zona na época en que o viño tinto, esencialmente popular, gozaba dun prestixio moi alto. Poderíamos fundamentar esta opinión no feito de que Ramón Cabanillas teña dedicado un poema, o que leva por título: «Diante dunha cunca de viño espadeiro», precisamente á louvanza da froita Espadeiro: «¡Asios mouros, cepas tortas, / follas verdes, douradas e bermellas, / gala nas terras vivas de Castrelo». Pero, como teremos ocasión de ollar, as cousas son máis complexas.