A viticultura desenvolveuse moito nas Rías Baixas a partir do século XVI. No que concerne á centuria seguinte contamos co ambicioso estudio realizado por José Manuel Pérez García, sobre a antiga Xurisdicción de A Lanzada, que se corresponde coas actuais axuntamentos de O Grove, Sanxenxo e Meaño coa adición dalgunhas parroquias próximas, pero que tamén aporta datos e interpretacións para el conxunto do Salnés e aínda da Galicia atlántica. A teor da documentación reunida por este autor, os viñedos experimentaron un lixeiro proceso de expansión ó longo do século XVII que alcanzou o seu cénit na década de 1670-1680. A partir destas datas, en coincidencia significativa co crecemento demográfico que tivo como corolario o fenómeno migratorio, a vide comeza unha fase de retroceso no conxunto do Salnés. Pérez García interpreta a recesión do cultivo do viñedo como unha tentativa de reaxuste do desequilibrio entre a poboación e os recursos. Loita polo chan De maneira estructural, o retroceso das cepas explícase pola necesidade de dedicar maior número de terras ó cultivo do cereal no marco da clásica pugna polo chan que se verificou moitas veces entre ambos cultivos.