A empanada máis farturenta

DEZA

PORTELA SEIJO

O día 18 terá lugar a vixesimosétima edición da festa gastronómica de Bandeira

08 ago 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Acercáse a Festa da Empanada. Coma sempre, Bandeira acollerá a milleiros de persoas, o ano pasado máis de seis mil, desexosos de probar os variados tipos do exquisito manxar galaico. Nesta ocasión a festa trae unha novidade, un premio á empanada máis farturenta. Están de noraboa os máis comilóns, seguro que a empanada gañadora deste premio non os deixa con fame. Ademais, como en edicións anteriores, haberá premios ós restaurantes, ás amas de casa e á orixinalidade. Está previsto que festa empece sobre as seis da tarde. O prazo para reservar mesa remata o venres 17. O precio de inscripción será de 3.000 por mesa agás os socios que terán dereito a dúas mesas. Pregoeiros A presentación da festa da Empanada tivo lugar o martes no clube de golf de Val de Rois. Tras unha competición de golf, organizada por Ramón Silva, presentouse a vintesete edición da festa. Este ano os encargados do pregón serán, Carlos Blanco, Ladislao de Mareas Vivas, e Manolo de Burela, acordeonista de Os Diplomáticos de Monte Alto. Esta elección confirma o gusto dos bandeirenses pola serie da TVG Mareas Vivas, xa que o ano pasado tamén estiveran na festa Petroleo e Ladislao, dous dos protagonistas da serie. Esmorga Folk Ademais de comer empanada en Bandeira haberá lugar para a música folk. O día 17 terá lugar unha nova edición do Esmorga Folk. Este ano actuarán Aballon, Tejedor, a gaiteira Susana Seivane e o grupo Dáme Lume. O festival, que o ano pasado abarrotou a localidade, será a ledicia dos amantes do folk.