O Racing Vilalbés xoga este sábado en La Calzada o ascenso a Segunda Federación
02 jun 2023 . Actualizado a las 18:59 h.Eran aproximadamente as once e media da mañá de este venres cando o Racing Vilalbés emprendeu a súa viaxe máis ilusionante. Destino, Santo Domingo de La Calzada, o pequeno concello rioxano de apenas 6.000 veciños onde este sábado (17.00 horas. Campo Municipal El Rollo) xogará o partido de volta da eliminatoria final polo ascenso a Segunda Federación. Nunca tan cerca estiveron os chairegos de dar o brinco desde Terceira División á categoría superior. O asalto inicial en A Magdalena (1-1) nada avanzou sobre o desenlace dunha loita que Simón Lamas (Vilalba, 1992), o adestrador lucense, considera «moi aberta» e na que ten moitas esperanzas depositadas nos seus rapaces.
—Algunha novidade na expedición?
—A única baixa ca que afrontamos o partido é a de Javi Varela, que está sancionado. Agora no play off o ciclo son tres cartóns e viu o terceiro no partido de ida. O resto, en principio, están todos dispoñibles. Na convocatoria entraron os xogadores do filial Cadra e Gabri.
—Leva decidido o equipo titular?
—Non. Hoxe [por onte] aínda nos queda un último adestramento en Burgos, onde imos pasar a noite, e a partires de aí decidiremos. Temos varias dúbidas. En calquera caso, seguro que non difire moito do que sacamos no primeiro partido
—Cantas veces viu o encontro xogado en A Magdalena?
—Varias. Traballamos moito sobre ese encontro porque non tiñamos demasiada información sobre o rival. Vimos algúns partidos anteriores do La Calzada no play off, pero non é o mesmo, xa que son grupos diferentes e o nivel é distinto. O partido de ida si que xa nos permite meternos en contexto, corrixir cousas e, sobre todo, imaxinar como poder ser o encontro de volta.
—Que conclusións sacou?
—Foi un partido que nos deixou sensacións enfrontadas. Todos tiñamos moita ilusión de poder ir aló con vantaxe, pero non puido ser. Por outra banda, o visto no terreo de xogo danos moitas esperanzas. Creo que fomos bastante superiores. Xeramos moitas ocasións, tivemos un penalti para poñernos 2-0, na segunda metade o rival non era capaz de saír do seu campo... A nivel de fútbol, hai moitísimas situacións que nos fan pensar que temos bastantes posibilidades, pero temos que ser cautos porque vamos a un campo diferente e eles xogan diante da súa xente e seguro que teñen tanta ilusión ou máis ca nós.
—Agarda un adversario máis ambicioso?
—Si, probablemente, cando menos de saída. Seguro que haberá moita xente e sairá moi animado. Aproveitando ese factor tratarán de xerar dúbidas no noso equipo. Haberá que xogar un pouco co resultado, co cansazo, coas sensacións... Dentro de partido viviremos diferentes situacións que vamos a ter que interpretar ben.
—Terreo de herba natural, unha boa nova, pero de só 90x66.
—Non pode servir de escusa, xa que hai campos na nosa liga que aínda son máis cativos. Creo que nos podemos adaptar ben. Ademais, temos xogadores que nos das moitísimo a balón parado. Non me quitan o sono as dimensións do campo.
—A estratexia pode ser determinante, non cre?
—Si. Eles meten na área os saques de banda e, de feito, o gol que marcan na ida veu desta maneira. Pero nos últimos días non insistimos máis na estratexia que de costume. É un aspecto que nós sempre traballamos moito e lle sacamos moi bo partido porque temos bos lanzadores, como Pablo Rey, Marcos ou Álex Pérez, e bos rematadores.
—Haberá máis de 300 afeccionados chegados desde Vilalba. Iso dálles un plus.
—É unha das cousas que máis nos satisface. Ser capaces de ilusionar a todo un pobo xa é un éxito para nós. Queremos acadar o ascenso por eles, por toda esa xente que nos apoia e, sobre todo, por todos os rapaces do fútbol base que están vivindo isto con tanta ou máis ilusión ca nós.
—Calquera empate levaría a eliminatoria á prorroga e a uns posibles penaltis. Asinaría decidir o ascenso desde o once metros?
—Ben... A nosa intención é ganar o partido antes, pero é certo que temos moi bos porteiros e excelentes lanzadores. Iso de que os penaltis son unha lotaría, eu creo que cada vez menos.
—Ten feita algunha promesa se ascenden a Segunda Federación?
—Non o pensei, a verdade. Primeiro, porque nos custou moito na segunda volta meternos no play off; despois porque xa estabamos enfocados nas eliminatorias... Sería capaz de calquera cousa. Acadar un ascenso co equipo do meu pobo e con amigos no equipo, ben o merecería.
El conjunto riojano perdió tan solo un partido en casa de los 17 disputados hasta el momento
El campo municipal de El Rollo es un fortín. En lo que va de temporada solo un equipo fue capaz de sacar los tres puntos. Lo consiguió el Náxera CD (0-3) en la octava jornada de la liga regular. Desde entonces nadie ha vuelto a asaltar la fortaleza de un equipo calceatense que en los 17 encuentros que lleva disputados como local —16 de liga y dos de la promoción de ascenso—, ha cosechado 13 victorias, 3 empates y únicamente ese mencionado revés. El cuadro dirigido por Edu Gajate logró su mayor victoria como local en la visita liguera del Racing Rioja B, al que se impuso por un contundente 5-0.