
En Burela e, por extensión, na Mariña temos o luxo e o privilexio de contar co mellor equipo do mundo de fútbol sala; e o fabuloso, coma toda guinda dun pastel, é que está formado por mulleres, por féminas que nunca se renden
31 ene 2023 . Actualizado a las 12:42 h.Hoxe é mércores e no corpo aínda sinto o rebumbio dunha fin de semana apoteósica.
En Burela e, por extensión, na Mariña temos o luxo e o privilexio de contar co mellor equipo do mundo de fútbol sala; e o fabuloso, coma toda guinda dun pastel, é que está formado por mulleres, por féminas que nunca se renden, por guerreiras que o deixan todo na pista, que buscan superarse cada día, que non ceden no empeño de acadar para o deporte das mulleres un recoñecemento igualitario e merecido coma o dos seus homónimos masculinos.
Son puro espectáculo en calquera pavillón: competitividade, técnica, elegancia, esforzo, superación e, sobre todo, deportividade.
As nosas laranxiñas buscan sempre o triunfo —coma calquera— mais, se o vento vén mal dado, aproan e capean o temporal con distinción: gañar sabe calquera, perder... non tanto.
Pero as guerreiras laranxas, aínda que non están afeitas á derrota, están dotadas co don da humildade e iso fainas distintas. Son un EQUIPO e todas dependen de todas, cada unha aporta e xuntas comparten o mesmo escudo.
Jozi, Dany, Cilene, Peque, Jenny, Antía, Irene, Patricia, Cari, Emilly: GRAZAS por todo e GRAZAS por tanto!!! Non sabedes canto supoñedes para a afección laranxa, ou si...!!
Parabéns guerreiras!! Parabéns CD Burela FS!! Seguimos... a pola liga!!!