David Bemposta, récord galego de 200 obstáculos

Vilagarcía / La Voz

DEPORTES

A parella do Club Salvamento Vilagarcía, no Campionato de España.
A parella do Club Salvamento Vilagarcía, no Campionato de España. cedida< / span>

O C.S. Vilagarcía agarda a que o Concello lle faga un oco na piscina

05 mar 2014 . Actualizado a las 06:57 h.

O Club Salvamento Vilagarcía veu a pasada fin de semana como David Bemposta poñía a guinda ao exitoso primeiro mes de vida da nova sociedade deportiva da capital arousá. Fíxoo pulverizando o récord galego na proba dos 200 metros obstáculos en piscina de 50 metros para fixalo en 2.16.83, 3 segundos por debaixo do marca ata entón vixente.

Bemposta asinou o rexistro durante a súa participación e a do seu compañeiro David Fandiño no Campionato de España de Salvamento Júnior en Santa Cruz de Tenerife. Unha cita na que a parella arousá competía co único reto de adquirir experiencia de cara ao seu crecemento na elite.

O presidente do C.S. Vilagarcía, Celestino Brianes, confía en que os brillantes resultados do club no seu primeiro mes de vida convenzan este xoves a Fundación de Deportes da concesión de espazo suficiente na piscina municipal de Vilagarcía no que poder medrar o novo equipo.